Filloas de chocolate

As filloas que coñecín de neno foron as de sangue, na matanza (as outras eran as «brancas»). Desde que non se fixo máis a matanza na casa faltou o sangue, ingrediente que ten que ser de moita confianza…

Como as botaba de menos, pensei no cacao que, en principio, podería darlle a cor, e resulta que tamén lle da un estupendo sabor! Rubén Castiñeiras Lorenzo

Filloas chocolate

Ingredientes

  • 700 ml de leite
  • 200 g de fariña
  • 200 g de cacao en pó (para chocolate á cunca)
  • 5 ovos de pita
  • 50 g de zucre

Aprox. tres ducias de filloas nunha tixola de 18cm

elaboración Filloas de chocolate

En cuncas do almorzo:

  • 3 cuncas de leite
  • 1 cunca de fariña
  • 1 cunca de cacao en pó
  • 5 ovos de pita
  • 1/5 cunca de zucre
masa de Filloas de chocolate

Preparación

  1. Nun recipiente axeitado, botar o leite e engadir a fariña, o cacao, o azucre e os ovos. Batir ben e deixar repousar alomenos trinta minutos.
  2. Nunha tixola a lume medio, cubrir cunhas culleradas de aceite de oliva e botar a masa da filloa de xeito que se estenda ben e quede fina.
  3. Callala ben, dándolle a volta, e ir colocándoas nun prato, con un chisiño de azucre por riba.

Pódense comer soas ou recheas de nata ou marmelada (en especial a de framboesa)

Filloas de chocolate

4 comentarios en “Filloas de chocolate”

    1. Gastronomía de Galicia

      Hola Mirtha, Te acerco a Su definición, cunca es un término gallego que se refiere a un pequeño recipiente de cerámica con forma de cuenco, que se emplea en las tabernas gallegas y en las casas para beber líquidos como el caldo o el vino. Un saludo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *